A diocese de Pinsk é unha sé da Igrexa Católica sufragánea da arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ . En 2004 tiña 50.000 bautizados sobre unha poboación total de 3 100 000 habitantes. O seu bispo é, dende 2012, Antonij Dziamjanka .
Territorio
A diocese abrangue as rexións de Brest e de Homieĺ .[ 1] A diocese limita polo norte coa arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ e coa diocese de Hrodna , ao leste coa arquidiocese de Moscova , ao sueste coa diocese de Kíiv-Zhytomyr , e ao oeste coas sés de Lutsk , Siedlce , Drohiczyn e Białystok .
A sé episcopal é a cidade de Pinsk , onde está a Catedral da Asunción da Virxe María.[ 2] O territorio está dividido en 5 vigairías e 60 parroquias.
Historia
A diocese foi erixida o 28 de outubro de 1925 polo papa Pío XI coa bula Vixdum Poloniae unitas . Inicialmente foi sufragánea da arquidiocese de Vilnius .[ 2]
O 13 de abril de 1991 , coa bula Quia ob rerum de Xoán Paulo II , sufriu algunhas variacións territoriais e pasou a ser sufragánea da arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ .[ 1]
O 5 de xuño de 1991 cedeu parte do seu territorio para erixir a diocese de Drohiczyn .
Episcopoloxio
Notas
↑ 1,0 1,1 Libreria Editrice Vaticana, ed. (13 de abril de 1991). "Quia ob rerum: Constitutio apostolica Pinskensis territorium aptius definitut simulque dioecesis pinskensis suffraganea archidioecesis Minscensis-Mohiloviensis declaratur" . Acta Apostolicae Sedis . LXXXIII (7): 542–543. [...] ut dioecesis Pinskensis Latinorum fines comprehenderent etiam duas regiones, quibus vulgo nomen Brest et Gomel', atque ut suffraganea fieret Archidioecesis Minscensis-Mohiloviensis noviter creatae (en latín ) .
↑ 2,0 2,1 Libreria Editrice Vaticana, ed. (28 de outubro de 1925). "Vixdum Poloniae unitas: Ditionis Polonicae de nova dioecesium latini ritus circumscriptione" (PDF) . Acta Apostolicae Sedis XVII : 521–528. Tertia ecclesiastica provincia Vilnensis nuncupabatur, quae proinde constabit sede metropolitae Vilnensi, nec non suffraganeis Łomżensi et Pinskensi. [...] Dioecesis Pinskensis, cum ecclesia cathedrali sub titulo Assumptionis Beatae Mariae Virginis in civitate Pińsk, in palatinatu Polessiae, constituetur decanatibus [...] (en latín ) .
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas