Dinahosting S.L. é unha empresa galega dedicada ao rexistro de dominios, hosting, VPS e servidores dedicados. Fundouse no ano 2001 e ten a súa sede en Santiago de Compostela.
É a única compañía de Galiza autorizada pola ICANN ao rexistro de dominios (en toda España só hai unha ducia de empresas habilitadas), e é tamén axente autorizado por ESNIC para os dominios .es, ademais de membro de RIPE (a entidade europea que xestiona a asignación de IPs).[1] Dende o 2007 os seus servidores están localizados no centro de datosInterxion,[2] en Madrid.