Diego de Lemos

Modelo:BiografíaDiego de Lemos
Biografía
NacementoGalicia, España Editar o valor en Wikidata
Sta. M.ª de Ferreira de Pantón.

Diego de Lemos,[1] Señor de Sober, Amarante e Ferreira,[2] nado en lugar e data descoñecidos e finado en Ferreira de Pantón en 1492,[3][4] foi un aristócrata galego da nobreza media, dirixente irmandiño.

Traxectoria

Diego de Lemos derrubou o Castelo de Castro Caldelas, despois reconstruído.

Fillo de Alonso López de Lemos e Balboa, señor de Sober e Pantón, no ano 1467, dentro da Gran Guerra Irmandiña, comandou xunto a Pedro Osorio e Afonso de Lanzós un exército de fidalgos e campesiños que conseguiu devastar numerosas fortalezas, principalmente da casa de Andrade.

Acudiu a Pontedeume en axuda de Afonso de Lanzós, pero este fuxira, e Pedro Madruga invitouno a abandonar a loita.[2][4]

O seu sepulcro está no Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón.[5]

Notas

  1. "Lemos, Diego de". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1211. ISBN 978-84-8288-942-9. 
  2. 2,0 2,1 "Lemos, Diego de". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. 
  3. "Lemos, Diego de". Diccionario enciclopédico galego universal 37. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 90. ISBN 84-7680-429-6. 
  4. 4,0 4,1 "Lemos, Diego de". Enciclopedia Galega Universal 11. Ir Indo Edicións. 1999-2002. p. 134. ISBN 84-7680-288-9. 
  5. "Recursos de Investigación de la Alhambra". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 14 de xuño de 2017. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos