Diego Medrano

Modelo:BiografíaDiego Medrano
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor en Wikidata (46/47 anos)
Oviedo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Oviedo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, poeta Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1620072

Diego Medrano Fernández, nado en Oviedo en 1978, é un escritor asturiano en lingua castelá.

Traxectoria

Deuse a coñecer co libro Los héroes inútiles, onde aparece a correspondecia completa entre Diego Medrano e Leopoldo María Panero. O seu primeiro libro de poemas, tamén publicado en 2005, El hombre entre las rocas, é unha especie de caderno de escritura onde se confunde o poético e o narrativo.

A principios de 2006 publicou a súa primeira novela, El clítoris de Camille, transgresora e de difícil clasificación. Tamén en 2006 publicou un libro de microrelatos, Los sueños diurnos. Manual Para amantes, pobres y asesinos, onde a través de 300 microrrelatos deambulan personaxes extremos e depauperados.

En La soledad no tiene edad combina contos extensos e curtos, con títulos como "Bragas", "Nembutal", "Urinarios", "Mahou", "Atapuerca" ou "Sirenas".

En 2008 editou o poemario Agua me falta.

É colaborador habitual do xornal El Comercio de Xixón.

Véxase tamén

Ligazóns externas