Die Taalkommissie (en afrikaans "A Comisión de Lingua") é un departamento da Suid-Afrikaanse Akademie vir Wetenskap en Kuns (Academia Surafricana de Ciencia e Artes) que serve como o comité técnico da Nasionale Taalliggaam vir Afrikaans (NTLA) e que funciona como o órgano regulador da lingua africáner. A Akademie fudouse en Bloemfontein en 1909 e en 1914 estableceuse a Spellingskommissie (Comisión de Ortografías), que mudou de nome en 1964 para o actual.[1]
O traballo principal que realiza esta comisión é a revisión e publicación da Afrikaanse Woordelys en Spelreëls, unha guía estándar da ortografía e convencións para a escrita do africáner.[2] Considerada a fonte de autoridade para a escrita das palabras nesa lingua, e que supuxo o remate á disparidade ortográfica para unha mesma palabra que rexía antes de 1917. Deica 2009 apareceron dez edicións da AWS.
Ademais ten competencia da gramática de africáner e de novos usos da lingua, como nova terminoloxía,[2] e cobre tamén variedades do africáner, como o nama, griqua ou capense, incluíndo tamén no AWS un gran corpus de palabras usadas pola comunidade islámica africáner.[3]