Didélfidos
A dos didélfidos (Didelphidae ) é unha familia de mamíferos marsupiais , a única con especies vivas na actualidade dentro da orde dos didelfimorfos .
Apareceron no Cretáceo superior ,[ 1] e a familia comprende especies nativas de toda América , pero especialmente de América Central e do Sur ,[ 2] coñecidas como sarigüeias [ 3] ou sarigüés .[ 4]
Características
As sarigüeias son animais que, polo xeral, son de tamaño mediano e de hábitos tanto terrestres como arborícolas.
Distínguense polo seu longo fociño , o seu cranio oblongo, unha crista ósea que percorre lonxitudinalmente o centro do mesmo e uns dentes pouco especializados.
Excepcionalmente, entre os mamíferos que non son primates , posúen un dedo opoñíbel nas patas traseiras provisto dunha uña (non unha garra ). Teñen ademais unha cola prénsil que os axuda a desprazárense nas ramas das árbores, e que é utilizada polos exemplares xuveníes para aferrárense ao corpo da nai.
Colonizan a maior parte dos ecosistemas da rexión neotropical , desde praderías e zonas arbustivas até a selva tropical , e desde o nivel do mar até os 3.000 m de altitude. Por regra xeral son polo menos parcialmente arborícolas, coa excepción da especie Chironectes minimus , de hábitos basicamente acuáticos.
Taxonomía
Descrición
A familia foi descrita en 1821 polo naturalista británico John Edward Gray , en London Med. Repos ., 15 : 308.[ 5]
Etimoloxía
O nome científico Didelphidae está formado, como é norma, pola unión á raíz do nome do xénero tipo da familia, Didelphis , co elemento do latín científico -ĭdae , propio dos nomes das familias de animais.
Pola súa parte Didelphis está formado polo elemento di- , calco do grego δι- 'dous' e o termo do grego antigo δελφύς delphýs 'útero'.
Sinónimos
Ademais de polo nome que lle deu Gray, e actualmente válido, a familia coñeceuse polo sinónimo Didelphidia .[ 5]
Clasificación
Caluromys philander .
Caluromys derbianus .
Chironectes minimus .
Didelphis marsupialis .
Philander opossum .
Marmosa murina .
Monodelphis domestica .
A clasificación da familia en xéneros e especies non está terminada de aclarar, existindo algúns taxons de clasificación incerta .
Dúas das máis prestixiosas bases de datos , o MSW e o ITIS , dan as seguintes clasificacións para a familia dos didélfidos:
Clasificación do MSW
Familia Didelphidae Gray , 1821 [ 5]
Subfamilia Caluromyinae Kirsch, 1977
Subfamilia Didelphinae Gray, 1821
Xénero Chironectes Illiger, 1811
Xénero Didelphis Linnaeus, 1758
Xénero Gracilinanus Gardner & Creighton, 1989
Xénero Hyladelphys Voss, Lunde & Simmons, 2001
Xénero Lestodelphys Tate, 1934
Xénero Lutreolina Thomas, 1910
Xénero Marmosa Gray, 1821
Xénero Marmosops Matschie, 1916
Xénero Metachirus Burmeister, 1854
Xénero Micoureus Lesson, 1842
Xénero Monodelphis Burnett, 1830
Xénero Philander Brisson, 1762
Xénero Thylamys Gray, 1843
Xénero Tlacuatzin Voss & Jansa, 2003
Clasificación do SIIT
Familia Didelphidae Gray , 1821 [ 6]
Subfamilia Caluromyinae Kirsch, 1977
Subfamilia Didelphinae Gray, 1821
Xénero Chironectes Illiger, 1811
Xénero Didelphis Linnaeus, 1758
Xénero Gracilinanus Gardner & Creighton, 1989
Xénero Hyladelphys Voss, Lunde & Simmons, 2001
Xénero Lestodelphys Tate, 1934
Xénero Lutreolina Thomas, 1910
Xénero Marmosa Gray, 1821
Xénero Marmosops Matschie, 1916
Xénero Metachirus Burmeister, 1854
Xénero Micoureus Lesson, 1842
Xénero Monodelphis Burnett, 1830
Xénero Philander Brisson, 1762
Xénero Thylamys Gray, 1843
Xénero Tlacuatzin Voss & Jansa, 2003
Como vemos, entre elas só hai unhas pequenas diferenzas na subfamilia dos Caluromyinae
Clasificación de Voss e Jansa
No ano 2009 , Robert S. Voss e Sharon A. Jansa reclasificaron a familia, que dividiron en 4 subfamilias , e que comprenden os seguintes xéneros :[ 7]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Gould, Edwin; McKay, George & Kirshner, David (1988): Encyclopedia of mammals . San Diego, CA, USA: Academic Press. ISBN 978-0-1229-3670-1 .
Grzimek, B.; Schlager, N. e Olendorf, D. (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia . Detroit: Thomson Gale.
Kemp, T. S. (2005): The Origin & Evolution of Mammals . Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-850761-5 .
Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología . Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9 .
McKenna, M. C. e Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level . Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-231-11013-8 .
Rodríguez de la Fuente, F. (1970): "Diminutos gigantes de la expansión ocológica", en Enciclopedia Salvat de la fauna . Tomo 8. Suramérica (Región Neotropical). Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 67–77.
Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference . Third edition. Baltimore , Maryland , USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-4 .
Outros artigos
Ligazóns externas