Detective Pikachu, tamén coñecido como Pokémon: Detective Pikachu, é un filme estadounidense-xaponés dirixido por Rob Letterman. Baséase no universo da franquía Pokémon creada por Satoshi Tajiri e é unha vaga adaptación do videoxogo homónimo de 2016.[5] O guión foi escrito por Letterman, Dan Hernandez, Benji Samit e Derek Connolly, a partir dunha historia de Hernandez, Samit e Nicole Perlman. O filme foi producido por Legendary Pictures en asociación con Toho. É o primeiro filme de acción en vivo de Pokémon.[6] Ryan Reynolds é o protagonista que achega a voz e a captura de movementos de Pikachu, e Justice Smith, Kathryn Newton, Suki Waterhouse, Omar Chaparro, Chris Geere, Ken Watanabe e Bill Nighy interpretan papeis de acción en vivo.
A rodaxe tivo lugar entre xaneiro e maio de 2018 en Colorado, Inglaterra e Escocia. Detective Pikachu estreouse no Xapón o 3 de maio de 2019,[7][8] e nos Estados Unidos o 10 de maio de 2019, sendo distribuído por Warner Bros. Pictures nos formatos RealD 3D, Dolby Cinema, 4DX e ScreenX.[9] É o primeiro filme de Pokémon en ser distribuído nos cinemas dos Estados Unidos dende Pokémon Heroes (2003) e o primeiro en ser distribuído por Warner Bros. dende Pokémon 3 (2001). O filme recibiu valoracións dispares por parte da crítica. Cunha recadación de máis de 433 millón de dólares, é o segundo filme baseado nun videoxogo con maior recadación de tódolos tempos.
O desenvolvemento dunha secuela foi anunciado en xaneiro de 2019, antes da estrea do filme.
Sinopse
O argumento conta a historia de Tim Goodman que tenta descubrir o misterio da desaparición do seu pai, Harry, coa axuda do seu antigo compañeiro detective, Pikachu.
Personaxes
Acollida
Recadación
Detective Pikachu recadou 144,1 millóns de dólares nos Estados Unidos e no Canadá, e 288,9 millóns de dólares noutros territorios, cunha recadación total internacional 433 millóns de dólares, sobre un orzamento de 150 millóns de dólares.[4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas