Delmiro Barreiro Cubeiro, nado en Vigo cara a 1910, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Chofer e membro do Sindicato de choferes. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba cumplindo o servizo militar. Desertou. Foi xulgado en Vigo por deserción e declarado en rebeldía. Fuxido con Manuel Rodríguez Fernández e Guillermo Santos Caride, en 1939 presentáronse ao gobernador civil de Pontevedra Manuel Gómez Cantos,[1] pero fuxiron novamente ao saber que ían ser detidos. Membro do grupo de José García Morales e o seu irmán. Decidiu vender aos seus antigos compañeiros, caendo pola súa delación Julio Guillén Biel e Jesús Lago González en setembro de 1940.
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 5-5-1939, p. 8.