A nai de Iván morreu días despois logo de comezar as conversas de paz coa guerrilla das FARC. Antes de morrer, díxolle a Iván que perdoara aos seus captores e que non quería que ninguén máis vivise a súa experiencia. Estivera secuestrada durante case dous anos na selva colombiana. O seu irmán e el nunca falaran diso e mesmo chegaron a esquecer o diario que lle permitiron escribir e que levou sempre canda ela, no cal rexistrou os seus 603 días de secuestro.