De'Andre James Hunter, nado o 2 de decembro de 1997 en Filadelfia, Pensilvania, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional
O 20 de xuño de 2019, Hunter foi elixido na cuarta posición do Draft da NBA de 2019 polos Los Angeles Lakers, e os seus dereitos foron traspasados ós New Orleans Pelicans no traspaso que mandou a Anthony Davis ós Lakers, e nese mesmo día foi traspasado de novo, desta vez ós Atlanta Hawks xunto a Solomon Hill, a cambio dos dereitos da 8ª elección Jaxson Hayes, os dereitos da 35ª elección Marcos Louzada Silva e unha elección da primeira rolda do Draft de 2020. O traspaso fíxose oficial o 7 de xullo de 2019.[1] Ese mesmo día, Hunter asinou cos Hawks.[2] Debutou na NBA cos Hawks o 24 de outubro de 2019, facendo 14 puntos na vitoria de Atlanta por 117–100 contra os Detroit Pistons.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|