A quenda de clasificación da Daytona 500 só detrmina quuenes son os dous primeiros pilotos na saída. É a primeira que se disputa. O resto de corredores teñen que participar nunha de dúas carreiras clasificatorias (Duelos Budweiser).
Os clasificados en posicións impares na primeira fase de clasificación corren o primeiro Duelo Budweiser e os que se clasificaron en posicións impares, corren o segundo duelo. Despois de se realizar os duelos, os pilotos colócanse na posición que lles toque dependendo do tempo que fixeron. Os do primeiro duelo sempre se poñen no lado interno do óvalo mentres que os do segundo se colocan pola zona externa do trazado.
Dende o 2005, os Duelos Budweiser teñen unha duración de 150 millas (240 quilómetros). Os pilotos ben situados no campionato do ano anterior teñen asegurada unha posición na carreira aínda que na clasificación queden en posicións moi atrasadas.
Gañadores
Richard Petty con 7 vitorias e Cale Yarborough con 4 triunfos son os pilotos máis laureados desta carreira ao longo da súa historia.
† – Andretti naceu nunha parte de Italia que agora pertence a Croacia, pero nacionalizouse nos Estados Unidos. PSegue sendo o único piloto nado no estranxeiro en gañar a carreira.
‡ - O récord de velocidade da Daytona 500 é 285´823 km/h establecido por Buddy Baker en 1980.
Notas
1965, 1966, 2003, 2009: Carreira acurtada debido á choiva.
1974: Carreira programada para o 90% de distancia en resposta á crise enerxética de 1973; A anotación comezou na volta 21.
2005, 2006, 2007, 2010, 2011, 2012, 2015, 2018: Carreira ampliada debido ás normas da NASCAR.
2012: A carreira postergouse de domingo a luns debido á choiva. (Isto marca a primeira vez que a Daytona 500 foi trasladado ao luns e a primeira carreira nocturna da Daytona 500).[1]