Darío Ulloa Varela, nado en Pontevedra cara a 1850 e finado en Madrid o 13 de setembro de 1903,[1][2] foi un xornalista e maxistrado galego.
Traxectoria
Irmán de Torcuato Ulloa Varela. Foi director de La Idea (1870), redactor de El Radical, participou en Biografías gallegas. Historia y hechos de los personajes más importantes del pais (1876) e colaborou en El Heraldo Gallego. Trasladouse a Madrid, onde foi redactor de La Iberia e La Correspondencia de España e redactor e logo director de La Izquierda Dinástica. Licenciouse en Dereito e seguiu a carreira xudicial: foi xuíz municipal dun dos distritos de Madrid, fiscal en Filipinas, foi maxistrado da Audiencia de Ponce (Porto Rico) e en 1897 da Audiencia da Habana.[3]
Retornado á península foi xuíz de Santander, dun dos distritos de Barcelona e despois presidente da Audiencia de Bilbao; en agosto de 1903 foi nomeando maxistrado da Audiencia Territorial da Coruña.[4]
Notas
- ↑ El Diario de Pontevedra, 15-9-1903, p. 2.
- ↑ La Correspondencia Gallega, 15-9-1903, p. 2.
- ↑ El Regional, 16-9-1897, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, 5-8-1903, p. 2.