Darío Díaz-Castroverde Díaz, finado en 1995, foi un político galego.
Traxectoria
Concelleiro do Corgo dende 1969, foi nomeado alcalde en 1972. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, primeiro por AP e logo polo PPdeG, sempre con maioría absoluta. En 1995 o seu partido decidiu excluílo como candidato, ante o cal se pasou á CNG, se ben faleceu un mes antes das eleccións, tendo que ser substituído na alcaldía e como candidato polo seu número 2 José Antonio Ferreiro González, o cal mantería o posto tralas eleccións ao logra-lo apoio do BNG.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas