Dark Souls II (ダークソウルII,, Dāku Souru Tsū?) é un videoxogo de rol e acción. O terceiro título da serie, Dark Souls II foi desenvolvido para Microsoft Windows, PlayStation 3 e Xbox 360 por From Software, quen publicou o xogo no Xapón. Por outra banda, Bandai Namco Games distribuíu o xogo noutras rexións.
Dark Souls II foi anunciado nos Premios de Videoxogos Spike Video Game Awards o 7 de decembro de 2012.[1][2] Hidetaka Miyazaki, que foi o director nos dous xogos anteriores, Demon's Souls e Dark Souls,[3] actuou de supervisor, xa que o xogo foi dirixido por Tomohiro Shibuya e Yui Tanimura.[3] Malia que está ambientado no mesmo mundo, non existe unha conexión da historia entre Dark Souls e Dark Souls II.[4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas