Danish Air Transport A/S, normalmente abreviado como DAT, é unha aeroliña dinamarquesa con sede en Vamdrup, no municpio de Kolding. A compañía opera voos regulares e chárter de pasaxeiros e carga.
Danish Air Transport fundouse e comezou a operar no ano 1989, inicialmente como unha aeroliña só de carga. Ao pouco tempo a compañía comezou a ofrecer operacións especiais, como o transporte de cabalos vivos ou subministracións para o Rally París-Dakar en África. Os voos de pasaxeiros comezaron en 1994 e os servizos regulares iniciáronse o 18 de novembro de 1996. DAT realiza servizos regulares entre Dinamarca e Noruega, ademais de operar servizos domésticos dentro deses paíases.[1]
Frota
En maio de 2018 a frota de Danish Air Transport estaba formada polos seguintes avións:[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas