Concilio de Zaragoza, en Hispania: prohibe ás mulleres, entre outras prácticas, ensinar e predicar a doutrina cristiá. Os acordos diríxense contra o pricilianismo, que favorece as actividades das mulleres nas súas congregacións.
Rescrito do emperador romano Graciano condenando o priscilianismo e desterrándoos "extra omnes terras".
Setembro - Concilio de Aquilea: O emperador Graciano condena tamén para Occidente a herexía ariana. Os bispos arianos da Dacia, Paladio e Secundiano son depostos.
3 de outubro - O emperador romano oriental Teodosio I pechou un novo tratado cos visigodos, polo cal lles concede a Mesia e máis Tracia. En troques, os visigodos forneceron tropas auxiliares a Roma.
Co apoio das tropas de Britania, o xeneral Magno Máximo rebélase contra o emperador Graciano e proclámase emperador de Roma (até 388). Traizoado polas súas tropas, Graciano sería entregado en Lugdunum (Lión), cuxo gobernador mandou executalo.
O usurpador Magno Máximo apodérase de Roma, e logo de toda Italia, expulsando ao emperador Valentiniano II. Este busca a protección e axuda do emperador oriental romano, Teodosio I o Grande.