O código de cores de 25 pares é empregado en telecomunicacións para identificar os pares entrelazados e os fíos que os compoñen. Os cables de cobre van cubertos de plástico illante de cor. A primeira cor selecciónase de entre un grupo de cinco cores e a outra dun segundo grupo doutras cinco cores, dando 25 combinacións de dous pares de cores.
Cada feixe de 25 pares leva asociado un par branco/negro chamado "piloto". Este par emprégase para uso técnico, supervisión.
Se o cable de telecomunicacións ten máis de 25 pares agrúpanse en feixes múltiplos de 25. Cada un destes feixes de 25 pares máis o piloto van agrupados cunha ligadura, unha cinta coas cores da ligadura. Así, os 25 primeiros pares levan unha ligadura de cor branca/azul (como se indica na táboa). Os 25 seguintes (pares do 26 ao 50) levan unha ligadura branca/laranxa, e así sucesivamente ata os 600 pares que levan unha ligadura violeta/marrón. Os cables de máis de 600 pares levan unha cinta branca para os primeiros 600 pares, os seguintes seiscentos levan a vermella, e así sucesivamente.
Co uso da fibra óptica os cables de centos de pares cada vez teñen menos uso. Cable R emprega cables de telecomunicacións cun máximo de douscentos pares.