Para que todos os cables funcionen en calquera rede, séguese un estándar á hora de facer as conexións. Os dous extremos do cable levan un conector RJ45 coas cores na orde indicada na figura.
Se só se queren conectar 2 computadoras, existe a posibilidade de colocar a orde das cores de tal maneira que non sexa necesaria a presenza dun hub. É o que se coñece como un cable cruzado.
Hoxe en día a maioría de hubs ou switches soportan cables cruzados para conectar entre eles. Para algunhas tarxetas de rede é indiferente que se lles conecte un cable cruzado ou plano, elas mesmas configúranse para poder utilizalo PC-PC ou PC-Hub/switch.
Cable cruzado
Pin Nº
RJ-45 1
RJ-45 2
1
2
3
4
5
6
7
8
Unha aplicación común é o uso en cables de rede Ethernet, onde se usan 8 pins (4 pares).
Outras aplicacións inclúen terminacións de teléfonos (4 pines ou 2 pares), outros servizos de rede como RDSI e T1 e incluso RS232.