O código ATC ou Sistema de Clasificación Anatómica, Terapéutica, Química (ATC: acrónimo de Anatomical, Therapeutic, Chemical classification system) é un índice de substancias farmacolóxicas e medicamentos, organizados segundo grupos terapéuticos. Este sistema foi insituido pola Organización Mundial da Saúde e adoptouse en Europa. O código recolle o sistema ou órgano sobre o que actúa, o efecto farmacolóxico, as indicacións terapéuticas e a estrutura química do fármaco
Está estruturado en cinco niveis:
- 1.- Nivel anatómico: órgano ou sistema no que actúa o fármaco. Existen 14 grupos en total
- 2.-Nivel: subgrupo terapútico
- 3.-Nivel: subgrupo terapéutico ou farmacolóxico
- 4.-Nivel: subgrupo terapéutico, farmacolóxico ou químico
- 5.-Nivel: nome do principio activo ou da asociación farmacolóxica
Exemplo
Na clasificación ATC o Diazepam ten o código: N05BA01
- N → Sistema Nervioso - Grupo Anatómico principal
- 05 → Psicoléptico - Grupo Terapéutico principal
- B → Ansiolítico - Subgrupo Terapeutico Farmacolóxico
- A → Derivado Benzodiazepina - Subgrupo Químico-Terapéutico Farmacóloxico
- 01 → Diazepam - Subgrupo Químico
Véxase tamén
Ligazóns externas