O cáncaro[1] ou panqueixo (Primula vulgarissinónimoP. acaulis (L.) Huds.) é unha especie de planta herbácea perenne da familia das primuláceas, de follas basais pilosas polo revés e flores amarelas. É común en Galiza nos valados, fragas e en xeral lugares frescos e sombrizos, preto dos ríos.
Tamén recibe os nomes dialectais de cáncere, cancro e primavera.
É unha especieperenne, cunha roseta laxa de follas oblanceoladas a ovais, engurradas, irregularmente dentadas. Flores recendentes, de cor amarela pálida co centro máis escuro, que abrochan individualmente en rabiños áfilos de longos pelos, que saen da roseta foliar. Corola 2–4 cm de diámetro, con pétalos estendidos; cáliz tubular, angular, de lóbulos agudos lanceolados. Florea cedo na primavera, unha das primeiras flores que o fai en Europa, de aí o nome inglés (Primrose que vén do francés antigo primerose e á súa vez do latín medieval prima rosa, significando primeira 'rosa'[4]).
Hábitat
Medra en bosques, fragas, prados, ribeiras herbáceas, cantís e montañas. Normalmente preto dos ríos no sur de Galicia.