Unha cámara fotográfica é un dispositivo utilizado para tomar fotografías, xa sexa individualmente ou en secuencia. O seu nome deriva do latíncamera obscura, que significa "cámara escura" e refírese a un mecanismo antigo para proxectar imaxes no cal unha habitación (ou cámara) funcionaba de maneira similar a como funciona unha cámara fotográfica actualmente.