A Cruz de Avelán é un cruceiro situado en San Xoán de Laíño (Dodro), a un quilómetro da igrexa de san Xoán indo cara ás aldeas da Devesa e Teaio. Celébrase tódolos anos unha romaría, no lugar onde se encontra o cruceiro, a comezos do mes de xuño.
Características
É un cruceiro de capela ou loreto datado no século XVII. Conta cunha grosa columna que descansa sobre unha escada de tres chanzos, e sobre a que se alza a capeliña coroada por unha imaxe de Xesús Cristo.
Está ben conservado a pesar da súa antigüidade; fáltalle a imaxe do interior da capela así como a tapa da caixón acoirazado ademais do retablo de ánimas, se é que algunha vez os tivo. Esta construción arquitectónica está datada no ano 1672,[1][2] non podéndose demostrar que realmente fora de ánimas auténtico, por non aparecer estas citadas explicitamente na epígrafe e non conservar o retablo de ánimas no Purgatorio.