Cruz Martínez
- Non confundir con Cruz Martínez Esteruelas (1932-2000), político español.
Cruz Martínez Vilas, nada na Armenteira (Meis) o 7 de febreiro de 1960, é unha escritora galega.
Traxectoria
Fundadora do grupo A porta verde do sétimo andar, 2005. Penúltimo Acto, 2010. Trisquel-Art, 2012. Pertence á Asociación Cultural O Castro de Vigo. Forma parte do consello editorial de Círculo Edições.
Obra
Poesía
- Espelho de mim mesma (2014). Círculo Edições.
- Xerografia em branco e negro (2014). Porto: Corpos Editora.
- Stand by, num estado de emergência (2015). Porto: Poesia fã Clube.
- Chat (2023). A Coruña: Medulia. 64 páxs. ISBN 978-84-19438-40-9.
Narrativa
Obras colectivas
- A porta verde do sétimo andar, 2007, A porta verde do sétimo andar.
- XXII Festival de Poesia do Condado: Galiza non se vende!!!, 2008, S. C. D. Condado.
- Premios Terras de Chamoso. I. II e III, 2007-2009.
- Acción poética, 2010, Penúltimo Acto - Acción Poética.
- Mulheres entre poesia e luita, 2011.
- VIII Certame Literario Concello de Ames, 2011.
- 18, 2011, Penúltimo Acto - Acción Poética.
- Encontros Mar, 2012, Aveiro.
- Colectânea de Poesia, 2013, Porto.
- Meis é poesía, 2013.
- Versos no Olimpo, 2013, Toxosoutos.
- Versus cianuro, 2013, A. C. Caldeirón.
- Alén do silencio, 2014.
- Un libro de libros, 2014.
- Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.
Premios
- Primeiro premio no XXII Certame Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) no 2008, por Amante tocada pola antropofaxia.
- Segundo premio no I Certame Terras de Chamoso no 2008, por Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante.
- Mención de Honra "Concurso Internacional de Cuento breve y Poesía". Homenaxe a Manuel Curros Enríquez da Casa galega de Bos Aires (Arxentina) no 2008, polo poema Tallo de pedra pendurado na memoria.
- Segundo premio no XXIII Certame Feliciano Rolán no 2009, por Se cadra, son pequena de máis.
- Segundo premio no III Certame de Poesía Mulleres do noso tempo no 2010, por A palabra xurdiu da dislalia.
- Segundo premio no VIII Certame Literario Concello de Ames no 2011, por Atraídos por un choque de feromonas.
- Primeiro premio no XXVI Certame Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) no 2012, por Contemplo o proceso inevitábel da despedida.
- Segundo premio do I Certame Literario de poesía e relato curto Xosé Neira Vilas no 2012, por A coleccionista de cicatrices.
- Primeiro premio no II Certame de Poesía Manuel María da Casa Galega de Guipúscoa no 2014, por O lánguido ocaso dunha dalia.
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
|