A cromita é un mineral do grupo IV (óxidos) segundo a clasificación de Strunz. Debe o seu nome ao elemento cromo. A súa fórmula é FeCr2O4. Ás veces contén magnesio, aluminio ou titanio (entre outros). Algúns exemplares son feblemente magnéticos.
Aplicacións
Emprégase en moldes para a fabricación de ladrillos e en xeral para fabricar materiais refractarios (como os ladrillos para fornos de fundición). A cromita emprégase maiormente para obter cromo ou en aliaxes, e tamén se utiliza na fabricación de vidro verde.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas