Courtney Melba Barnett, nada o 3 de novembro de 1987, é unha cantante, compositora e músico australiana. Coñecida polo seu estilo de canto sen vida e por letras enxeñosas e divagadoras,[1] chamou a atención co lanzamento do seu EP de estrea, I've Got a Friend Called Emily Ferris. O interese internacional por parte da prensa musical británica e estadounidense chegou co lanzamento de The Double EP: A Sea of Split Peas en outubro de 2013.[2]
O álbum de estrea de Barnett, Sometimes I Sit and Think, and Sometimes I Just Sit, foi editado no ano 2015 coa aclamación da crítica. Nos ARIA Music Awards de 2015 Barnett gañou catro premios de oito nomeacións. Foi nomeada ao premio ao mellor artista novo na 54ª edición dos Grammy e ao premio á mellor artista feminina tnternacional en solitario nos Brit Awards de 2016.[3][4]
No ano 2017 publicou Lotta Sea Lice, un álbum colaborativo con Kurt Vile.[5]
O segundo álbum de Barnett, Tell Me How You Really Feel, foi editado no ano 2018.[6]
Discografía
Notas