Foi a nai de Urraca de León, quen sucedeu ao seu pai, Afonso VI, no trono castelán-leonés.
Traxectoria
Cando contraeu matrimonio con Afonso VI de León xa era viúva do seu primeiro marido, o conde Hugo II de Châlon, co que casara en 1065; este matrimonio durou catorce anos, até a morte de Hugo en 1079, e non tivo descencencia.[2]
O seu matrimonio con Afonso parece que foi amañado mediante as conexións de Cluny coa corte leonesa de Afonso. Previamente este casara con Inés de Aquitania, de quen se divorciara, ou enviuvara. O matrimonio de Costanza e Afonso inicialmente enfrontou a oposición papal, aparentemente debido a un parentesco entre Costanza e Agnes.
O seu matrimonio con Afonso durou desde finais do ano 1079 até 1093, ano da súa defunción. Deulle seis fillos ao rei, dos que só sobreviviron a futura raíña Urraca de León e a súa irmá Elvira, quen faleceu sendo moza.
Durante todo o seu matrimonio tivo que soportar as continuas infidelidades do seu esposo.
Mandou edificar un palacio na localidade leonesa de Sahagún, xunto ao mosteiro de San Bieito, e no seu interior dedicou un templo á Madalena.[4]
A raíña Costanza de Borgoña faleceu no segundo semestre do ano 1093 deixando a súa filla con 14 anos de idade. O seu viúvo casaría con outras tres mulleres máis despois da morte de Costanza, pero só tería un fillo da súa amante musulmá, Zaida de Sevilla, o infanteSancho Afónsez, que morreu en 1108 na batalla de Uclés.[4]
Descendencia
Froito do seu matrimonio con Afonso VI de León naceron seis fillos, dos que só unha filla alcanzou a idade adulta:
Despois da súa defunción, o cadáver da raíña Costanza de Borgoña foi conducido á localidade leonesa de Sahagún e sepultado no mosteiro de San Bieito, canda o seu esposo, o rei Afonso VI de León. Posteriormente este recibiría alí sepultura, en compañía dalgunhas das súas esposas.[6]
O sepulcro que contiña os restos de Afonso VI foi destruído en 1810, durante o incendio que sufriu o mosteiro de San Bieito. Os restos mortais do rei e os de varias das súas esposas, entre eles os da raíña Costanza, foron recollidos e conservados na cámara abacial até o ano 1821, en que foron expulsados os relixiosos do mosteiro, sendo entón depositados polo abade Ramón Alegrías nunha caixa que foi colocada no muro meridional da capela do Crucifixo, até que, en xaneiro de 1835, os restos foron recollidos de novo e introducidos noutra caixa, sendo levados ao arquivo, onde se achaban neses momentos os despoxos das esposas do soberano. O propósito era colocar todos os restos reais nun novo santuario que se estaba construíndo entón.[7] Porén, cando o mosteiro de San Bieito foi desamortizado en 1835, os relixiosos entregaron as dúas caixas cos restos reais a un parente dun relixioso, que as ocultou até que, no ano 1902, foron achadas polo catedrático do Instituto de Zamora Rodrigo Fernández Núñez.[7]
Na actualidade, os restos mortais de Afonso VI repousan no mosteiro das Beneditinas de Sahagún, aos pés do templo, nunha arca de pedra lisa e con cuberta de mármore moderna e, nun sepulcro achegado, igualmente liso, xacen os restos de varias das esposas do rei, entre eles os da raíña Costanza de Borgoña.[6][8]
Arco y Garay, Ricardo del (1954): Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid: Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
Elorza, Juan C.; Vaquero, Lourdes; Castillo, Belén e Negro, Marta (1990): El Panteón Real de las Huelgas de Burgos. Los enterramientos de los reyes de León y de Castilla. 2ªed. Editorial Evergráficas S. A. Junta de Castilla y León. Consejería de Cultura y Bienestar Social. ISBN 84-241-9999-5.