O corno inglés é un instrumento aerófono de vento madeira, dado que produce o son grazas ao paso do aire por unha dobre lingüeta. É da familia do óboe, coa diferenza de que se trata dun instrumento transpositor en fa. Incorporouse á orquestra no século XIX.
A técnica de dixitación é practicamente a mesma que a usada para o óboe. A música para o corno inglés escrÃbese unha quinta máis alta da que o instrumento realmente soa.