Cordylus é un xénero de lagartos africanos espiñosos de tamaño pequeno a medio. Son todos diúrnos e ovovivíparos. A maioría das especies son rupícolas (viven nas rochas), pero hai unhas poucas especies arbóreas ou que viven en tobos. Deféndense grazas aos duros osteodermos (placas óseas na pel) e porque se retiran moi rapidamente ás fendas entre as rochas ou tobos. Moitas especies viven en grupos e os machos defenden os territorios.
As especies deste xénero e outros cordílidos adoitan estar incluídas en CITES Apéndice II. Nos están necesariamente ameazadas de extinción e o seu comercio está controlado para evitar a sobreexplotación. Algunhas especies de Cordylus teñen rangos de distribución limitados e poden estar ameazadas pola destrución do seu hábitat ou a súa captura masiva para o comercio de mascotas.
Clasificación
D. G. Broadley (2006) recoñecía 47 especies no xénero Cordylus, incluíndo oito especies que orixinalmente estaban situadas no xénero Pseudocordylus ( P. fasciatus, P. langi, P. melanotus, P. microlepidotus, P. nebulosus, P. spinosus, P. subvirdis, e P. transvaalensis) e Hemicordylus capensis.
En 2011, un estudo baseado na filoxenia molecular da familia suxeriu a que varias especies que tradicionalmente estaban incluídas en Cordylus deberían ser pasadas a outros xéneros, algúns de nova creación: Hemicordylus (para as especies capensis e nebulosus), Karusasaurus (para as especies jordani e polyzonus), Namazonurus (para campbelli, lawrenci, namaquensis, peersi e pustulatus), Ninurta (para coeruleopunctatus), Ouroborus (para cataphractus) e Smaug (para breyeri, giganteus, mossambicus, regius, vandami e warreni).[1] Esta nova clasificación está apoiada pola Reptile Database, na que só permanecen 21 especies en Cordylus.[2]
Clasificación tradicional
Xénero Cordylus (como se definía tradicionalmente, sensu lato)
FitzSimons VF. (1943). The Lizards of South Africa. Pretoria: Transvaal Museum Memoir.
Spawls S, Howell K, Drewes R, Ashe J. (2002). A Field Guide to the Reptiles of East Africa. San Diego: Academic Press. 543 pp.
Laurenti JN. (1768). Specimen medicum, exhibens synopsin reptilium emendatam cum experimentis circa venena et antidota reptilium austriacorum. Vienna: "Joan. Thom. Nob. de Trattnern". 214 pp. + Plates I- V. (Genus Cordylus, p. 51).