A igrexa consta de tres naves, posúe un estilo neoclásico e unha sinxela torre campanario de dobre corpo e de escasa ornamentación.
O seu interior inclínase máis polo barroco que polo neoclasicismo. Conta cun destacado retablo maior barroco realizado en 1741 e a capela da Venerable Orde Terceira, construída en 1777.[2]