Contra é o segundo álbum da banda de indie rock estadounidense Vampire Weekend, publicado o 11 de xaneiro de 2010 baixo o selo XL Recordings. O título do álbum está pensado como unha alegoría temática e unha referencia complexa aos contra-revolucionarios nicaraguanos, ao álbum de The Clash Sandinista! e, en parte, unha homenaxe ao videoxogo Contra.
A revista Q elixiuno o quinto mellor álbum do ano 2010[1].
Lanzamento
O lanzamento de Contra foi anunciado o 15 de setembro de 2009, e foi lanzado no Reino Unido o 11 de xaneiro de 2010. Nos Estados Unidos isto ocorreu ao día seguinte. Con todo, o álbum xa estaba dispoñible o 8 de xaneiro en iTunes. "Horchata" foi lanzado como unha descarga gratuíta o 5 de outubro de 2009 no sitio web da banda. O primeiro sinxelo foi "Cousins", acompañado por un sinxelo de 7" e un vídeo musical. O álbum estivo dispoñible para streaming no MySpace da banda a partir do 3 de xaneiro de 2010. Tamén se dispón actualmente para streaming no seu sitio web oficial (desde o 5 de xaneiro de 2010).
É o primeiro álbum da banda en alcanzar o número un no Billboard 200, e o décimo segundo da escena independente da historia en alcanzar o número un no Billboard 200 desde que Nielsen SoundScan comezou a rexistrar datos en 1991. O álbum logrou vender 124.000 copias na súa primeira semana.
Música e letras
A letra de "I Think UR a Contra" inclúe a frase "Complete Control", o título dun sinxelo de The Clash. O título de "Diplomat's Son" é unha referencia a unha historia escrita polo cantante Ezra Koenig sobre o internado, aínda que o contido das súas letras fala dunha relación homosexual contada por Rostam Batmanglij. A canción extra de iTunes, "Giant" contén referencias á canción de Notorious B.I.G. "Juicy". "Diplomat's Son" ten samples das cancións "Hussel" de M.I.A. e "Pressure Drop" de Toots and the Maytals. "White Sky" é unha reminiscencia de "Crazy Love, Vol. II" e "Proof" de Paul Simon.
Lista de temas
# |
Título |
Duración
|
1. |
"Horchata" |
3:26
|
2. |
"White Sky" |
2:58
|
3. |
"Holiday" |
2:18
|
4. |
"California English" |
2:30
|
5. |
"Taxi Cab" |
3:55
|
6. |
"Run" |
3:52
|
7. |
"Cousins" |
2:25
|
8. |
"Giving Up the Gun" |
4:46
|
9. |
"Diplomat's Son" |
6:01
|
10. |
"I Think UR a Contra" |
4:29
|
Cancións engadidas na versión iTunes
# |
Título |
Duración
|
11. |
"Giant" |
2:50
|
12. |
"California English: Part 2" |
2:57
|
Disco extra Contra Megamelt
# |
Título |
Duración
|
11. |
"Contramelt A" |
6:11
|
12. |
"Contramelt B" |
4:36
|
12. |
"Cousinz (Toy Selectah Mex-More Remix)" |
3:20
|
Posición nas listas
Sinxelos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
Sinxelos | |
---|