Constantino X Ducas, nado en 1006 e finado en maio de 1067, foi emperador do Imperio Bizantino entre 1059 e 1067. Foi nomeado sucesor por Isaac I Comneno, antes de retirarse a un mosteiro, grazas ao consello de Miguel Psellos.
Traxectoria
Constantino estaba casado con Eudocia Macrembolitissa, sobriña de Miguel Cerulario. Tanto Eudocia como Miguel Psellos foron figuras moi poderosas durante o seu reinado. Valedor da aristocracia civil de Constantinopla, foi bastante impopular. Limitou considerabelmente o financiamento do exército, o que se traduciu en importantes perdas territoriais. Durante o seu reinado, perdéronse case todas as posesións bizantinas en Italia (fóra dun exiguo territorio ao redor de Bari) a mans do normando Roberto Guiscardo; tamén se produciron as invasións dos selxúcidas, guiados por Alp Arslan, quen conquistaron Armenia e Capadocia. Constantino, que xa era ancián cando accedeu ao poder, morreu en 1067.
Véxase tamén
Bibliografía