Constante Gil Rodríguez, nado en Taragoña en 1926 e finado en Valencia o 7 de xuño do 2009[1], foi un pintor galego. Trasladouse á cidade de Valencia no 1948 onde realiza toda a súa produción artística e vital.
Traxectoria
A súa obra máis coñecida é a serie de «Faladorios de Café» na que retrata á sociedade valenciana dos anos da transición, dentro do desaparecido café valenciano La Cerveceria Madrid, local que dirixe dende o 1956 ó 2000 e no que crea a popular bebida denominada Auga de Valencia[2].
A serie «Faladoiros de Café» define todo un xénero da pintura de interior, onde os protagonistas son faladeiros e asiduos a un bar no que se desenvolve gran parte das actividades converxentes dun heteroxéneo grupo humano moi influente nos acontecementos do cambio da sociedade que se esta a producir neses anos. Non se escribe sobre o café, pero escríbese moito dende o café, píntase, fálase, planéase, vívese, e Constante capta esa vida e interprétaa nos seus faladoiros pintados[3].
En xeral, a pintura de Constante pódese describir como apuntamentos autobiográficos extraídos da memoria dun neno galego de dez anos que é testemuñada morte de seu pai, de profesión pirotécnico, na explosión dos talleres[4].
Notas