Cada cantón delega dous conselleiros, chamados tamén Conselleiros dos Estados (en referencia a cada cantón). Levan asemade o nome de senadores. Antes da creación do Cantón do Xura en 1979 o número ascendia a 44 membros. Dende esa data o consello componse de 46.
O consello foi inspirado do Senado dos Estados Unidos e ten os mesmos poderes có Consello Nacional de Suíza. Xuntos, o nacional e o dos estados, forman a Asemblea federal, é dicir o aparato lexislativo helvético.