O Consello Nacional Africano Unido (CNAU, en inglés United African National Council UANC) foi un partido político de Zimbabwe fundado en decembro de 1971 como Consello Nacional Africano e dirixido polo bispo metodista Abel Muzorewa en 1974 adoptou o seu actual nome. En 1979 encabezou o goberno logo do acordo entre o primeiro ministro Ian Smith e Muzorewa e a formación dun goberno de unidade nacional pero que non contou co recoñecemento internacional. Nas eleccións de 1980 o CNAU sufriu unha derrota da man da Unión Nacional Africana de Cimbaue - Fronte Patriótica, o partido de Robert Mugabe, quedando fóra do parlamento nas eleccións de 1985 e 1990.