O Consello Grande e Xeral de San Marino (en italiano: Consiglio Grande e General di San Marino) é unha instituciónsanmarinesa que está composta por sesenta membros elixidos cada cinco anos mediante un sistema de representación proporcional nos nove castelli.
Estas divisións administrativas corresponden ás vellas parroquias da República, e cada un é gobernado por un Consello a cuxa cabeza está un Capitán elixido cada cinco anos. O Consello Grande e Xeral aproba o orzamento así como elixe aos Capitáns Rexentes, como cabezas do Executivo.