Norrtälje é un concello sueco no condado de Estocolmo[1]. A súa capital é Norrtälje. Dende a fundación do concello en 1971 a tendencia de poboación vén sendo moi positiva, e en setembro do ano 2022 o muncipio tiña 65 434 habitantes.[2]
A área que conforma o municipio ten un leito rochoso agrietado. Os bosques de coníferas e mixtos dominan o oeste do municipio, pero cara a costa dominan os bosques caducifolios. O arquipélago interior é exuberante, mentres que outras partes do arquipélago tellen illotes estériles. A principios da década de 2020 a meirande parte dos traballadores de Norrtälje estaban no sector público, estando o concello e o cárcere de Norrtälje entre os principais empregadores.