Compromiso Outes é un partido político galego de ámbito local de Outes creado en 2018 que se define como galeguista e progresista e que dende 2019 encabeza o goberno municipal.
Historia
Xurdiu a partir da agrupación local de Compromiso por Galicia en Outes tras decidir os seus membros desligarse de dita formación[1]. Nas eleccións municipais de 2019 logrou sela forza política máis votada de Outes con 5 concelleiros de tal maneira que o seu candidato, Manuel González López, converteuse no alcalde do municipio e encabezou un goberno en minoría. Nas eleccións municipais de 2023 logrou 4 conelleiros e conservou a alcaldía grazas a un pacto de goberno co BNG e o PSdeG.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos