A Compañía da Baía de Hudson (Hudson's Bay Company, en inglés ou HBC) é a máis antiga corporación comercial de América do Norte e unha das mais antigas do mundo aínda en actividade, actualmente ten a súa sede en Toronto. Fundouse en 1670 e controlou o comercio de peles nas colonias británicas de América do Norte por varios séculos.
A rexión onde actualmente se atopan as provincias canadenses de Alberta, Manitoba, Saskatchewan, Nunavut e os Territorios do Noroeste foron gobernadas pola Compañía da Baía de Hudson. Co declive do comercio de peles, a compañía cedeu os seus territorios ao Canadá, e pasou a ser vendedora de alimentos aos colonos do oeste do Canadá. Actualmente, a compañía é unha das maiores redes comerciais do país, con tendas por todo o país, que venden unha gran variedade de produtos.