A Compañía Española de Tráfico Aéreo (C.E.T.A.) foi a primeira aerolínea española de transporte civil de pasaxeiros, creada por Jorge Loring Martínez. A CETA conseguiu o traspaso dos dereitos que posuían os Talleres Hereter de Barcelona para a explotación da liña aeropostal Sevilla-Larache, ampliando a liña a tráfico de pasaxeiros e mercadorías en xeral, que voaron con avión De Havilland DH 9.[1] Posteriormente ampliou rutas cubrindo Sevilla-Tánxer, Barcelona-Palma de Mallorca e Málaga-Melilla.
Acabou integrada en CLASSA tras a creación en 1929 desta última.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Utrilla Navarro, Luis; García Cruzado, Marcos (2005). Madrid: Aeropuertos Españoles y Navegación Aérea, S.A., ed. Historia de los Aeropuertos de Madrid (I). ISBN 8496456315