Comodoro Rivadavia (moitas veces denominada simplemente Comodoro) é a cidade máis poboada da provincia do Chubut e a cabeceira do departamento Escalante; está situada no centro leste da Patagonia (Arxentina), no centro da zona hidrocarburífera do golfo San Jorge, que foi o motor do crecemento desta cidade.
Comodoro Rivadavia é un concentrador comercial e de transporte da rexión e é un importante punto de exportación de petróleo. Un gasoduto conecta a Comodoro Rivadavia con Bos Aires, desde 1960. Fundada en 1901, prosperou dende 1907, cando as perforacions en procura de auga atoparon petróleo. Entre 1946 e 1957 foi capital da Zona Militar de Comodoro Rivadavia, que comprendería o actual sur de Chubut e norte da provincia de Santa Cruz.