Como se fai unha rapaza

Como se fai unha rapaza
Título orixinalHow to Build a Girl
Autor/aCaitlin Moran
OrixeReino Unido
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
Editorial Ebury Press
Galicia Rinoceronte Editora
Data de pub. 3 de xullo de 2014
Galicia 2018
FormatoTapas duras
Páxinas354
ISBNISBN 978-0-09-194088-1 (en)
ISBN 978-84-17388-28-7 (gl)
TraduciónEstela Villar Nogueira
editar datos en Wikidata ]

Como se fai unha rapaza (en inglés: How to Build a Girl) é unha novela de 2014 escrita pola autora e xornalista Caitlin Moran, publicada orixinalmente por Ebury Press. É unha novela semiautobiográfica cuxa protagonista, Johanna Morrigan, ten unha orixe semellante á da escritora. A novela conta a historia de Johanna na súa viaxe de converterse en Dolly Wilde, xornalista musical, o seu crecemento e o seu esperta sexual. A secuela de Como se fai unha rapaza foi publicada en 2018, titulada How to Be Famous.

Foi traducida ó galego por Estela Villar Nogueira[1] e foi publicada pola editorial Rinoceronte Editora no ano 2018.

Notas

  1. Rinoceronte Editora (ed.). "Como se fai unha rapaza por Rinoceronte Editora". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2020. Consultado o 18 de novembro de 2019.