O Grupo Comar é un conglomerado galego de máis de 60 empresas, coñecido principalmente por se dedicar aos xogos de azar. Foi fundado en 1984 por José Collazo Mato e ten a súa sede na cidade da Coruña.
Posúe seis salóns de bingo repartidos entre as cidades da Coruña, Ferrol, Vigo e Salamanca.
Comar ten ademais intereses no sector turístico, hoteleiro, aparcadoiros, empresas de seguridade privada e promotoras inmobiliarias. Na Coruña a Sociedad de Fomento y Desarrollo Turístico, que forma parte do grupo, xestiona establecementos emblemáticos como o Casino Atlántico, o Palacio da Ópera, o centro comercial Los Cantones Village ou o PALEXCO[3].
Outra compañía do grupo, Promotora de Viviendas Urbanas, foi accionista de Invest Cos, sociedade que promoveu a construción do centro comercial Marineda City.[4]