Colmado

Palloza en Piornedo, nos Ancares.
Unha taberna (pub) (The Williams Arms) en Wrafton, North Devon, Inglaterra.
Vivendas circulares con colmados no Castro de Vigo
Hórreo con colmado no concello de Cervantes (Os Ancares).

O colmado[1] (de colmo: palla escollida de centeo ou de trigo usada para cubertas, este do latín culmus, palla de centeo[2]) ou cuberta vexetal é unha cuberta feita de palla de centeo ou trigo que se usa nos palleiros e en certas construcións rústicas[3]. Tamén recibe os nomes de colma, colmazo e colmo.

Constrúense artesanalmente realizando unha cuberta con vexetación seca de diferentes especies vexetais dependendo o tipo, dispoñibilidade ou lugar do mundo, como colmo, palla, carrizas, xuncas, xuncos ou queiroas e colocándoas en camadas, de xeito que a auga se elimine lonxe da cuberta interna. Probabelmente sexa este o material máis antigo que se ten empregado nas cubrición das cubertas, usándose tanto en climas tropicais coma temperados. Algúns construtores de países en vías de desenvolvemento aínda empregan cubertas vexetais, construíndoas normalmente con vexetación da zona e de baixo custo. Pola contra, nalgúns países desenvolvidos (Alemaña, Reino Unido) existe unha demanda deste tipo de cuberta, por parte de cidadáns acomodados que queren dar ao seu fogar un ar rústico.

En Galicia aínda existen mostras de colmados en vivendas das montañas, o caso máis coñecido é o das pallozas, porén as cubertas vexetais foron habituais, especialmente en construcións auxiliares (cabazos, hórreos, alpendres etc) até hai poucos anos. Outra mostra galega do uso de colmados deuse nas vivendas circulares dos castros antes da introdución da tella (tellados) polos romanos. As vivendas circulares (coñecidas en inglés coma roundhouses) déronse en toda a Europa atlántica, posibelmente de orixe celta.

Historia

Renovación da cuberta vexetal.
Colmeiros a traballar.

A tradición das cubertas vexetais foi pasando de xeración en xeración durante milleiros de anos. Existen poucas descricións das súas técnicas construtivas, especialmente nas rexións tropicais. Nos países ecuatoriais as plantas son o material local usado con frecuencia en cubertas, e a miúdo tamén nas paredes.

Plantas bravas coma a carriza (Phragmites australis), a espadana ou palla real (Typha spp. especialmente Typha latifolia), a xesta (Cytisus scoparius), a queiroa (Calluna vulgaris), xuncos (Juncus spp.) e buños (Schoenoplectus lacustris) emprégaronse para cubrir cabanas e vivendas primitivas en Europa a finais do período Paleolítico, porén non temos probas arqueolóxicas disto, xa que os materiais vexetais non deixan pegada. A xente seica comezou a empregar colmo no período Neolítico cando comezarons os primeiros cultivos de cereais, mais doutra volta non temos evidencias disto até a época medieval. Queda claro que nos poboados de vivendas circulares da Europa atlántica, coma nos castros galegos e británicos, empregáronse cubertas vexetais, xa que non hai restos de tellas até a chagada dos romanos.

Existe constancia das cubertas vexetais europeas desde antes da Idade Media, cando se formaron as primeiras poboacións. A creación das vilas trouxo consigo a necesidade dun material de construción facilmente dispoñíbel, económico e duradeiro como o colmo. A causa dos incendios producidos en distintas cidades medievais, redactouse en Londres a primeira normativa vixente de construción, que prohibía a edificación de novos colmados e ordenaba o encalado das que xa existían cunha camada de xeso.

Moitos pobos indíxenas americanos, coma os maias, os incas ou os aztecas, vivían en casas con cubertas vexetais. Despois do colapso da maioría das sociedades americanas existentes por mor das doenzas introducidas desde Europa, os primeiros europeos que atoparon a americanos ollaron que estes vivían en estruturas cubertas con cortiza ou paneis que podían engadirse ou eliminarse para a ventilación, quecer ou arrefriar as estancias. Non antes do ano 2000 descubríronse moitos edificios complexos con material de cuberta a base de fibras. Os colonos franceses e británicos construíron vivendas temporais con cubertas de vexetación local cando chegaron a Nova Francia e Nova Inglaterra, porén para vivendas permanentes xa comezaron a usar tellas de madeira. Os españois e portugueses levaron a tella a Latinoamérica.

Na maior parte de Europa, os colmados ficaron só coma material de cuberta en zonas illadas do campo, coma nas aldeas das montañas ou en construcións auxiliares, coma alpendres, palleiros e celeiros. Perén até finais do século XIX eran aínda moi comúns.[4] En Galicia era comúns os colmados en celeiros, alpendres e hórreos de todo o país até mediados do século XX. Os colmados nas casas restrixíronse ás vivendas das montañas (coma nas pallozas) especialmente nas zonas de lousados (provincia de Lugo), pero aos poucos a lousa foi substituíndo a cubrición de colmo. Por exemplo no reino unido, a comercialización de lousa comezou no País de Gales en 1820, e o transporte (canles e camiño de ferro) axiña fixo que o material estivese dispoñíbel en todo o territorio. Porén, o número de casas con colmados viuse incrementado no Reino Unido dende mediados do século XIX a medida que a agricultura se espallaba, mais doutra volta decreceu a finais de século coa perda de poboación rural e a migración cara ás cidades. Aos poucos, o colmado volveuse un sinal de pobreza, e o número de casas con colmado decreceu así coma o de profesionais artesáns (colmeiros[5]). O mesmo que ocorreu en Gran Bretaña ocorría en Galicia coas pallozas. Porén os colmados tornáronse moi populares nos últimos trinta anos no Reino Unido, e hoxe en día é un símbolo de riqueza máis ca de pobreza polo gasto de mantemento que supón. Hai arredor de 1000 vivendas con colmado no Reino Unido,[Cómpre referencia] e os colmados estanse volvendo populares polo crecente interese na conservación de edificios históricos e o crecente uso de materiais de construción renovábeis. En Galicia, aínda que existen certas axudas da administración para colmar os edificios, o estado das cubertas dalgunhas pallozas está en serio perigo[6].

As cubertas vexetais hoxe

Na Península Ibérica existen diferentes exemplos de cubertas vexetais, especialmente no noroeste: as pallozas e os teitos asturianos son os superviventes do antigo uso estendido de colmados en Galicia, Norte de Portugal, Asturias e León (antiga Gallaecia).

Só no Reino Unido existen máis cubertas de colmados que en calquera outro país de Europa. O material utilizado tradicionalmente nunha gran parte de Inglaterra é a carriza (Phragmites australis) (especialmente no condado de Norfolk) ademais do colmo, cultivado na actualidade por produtores especializados. Unha cuberta vexetal de boa calidade pode resistir entre 45 e 50 anos, se se realizou por un artesán experimentado.

As follas das palmeiras, por exemplo, en Na Bure Fidxi, os colmados combínanse con teitos de follas de palmeiras e paredes de canas. En Dominica empréganse tamén as cubertas con follas de palmeiras.[7] En Hawai e Balí úsase para as cubertas Alang-alang (Imperata cylindrica). En Kenya as cubertas fanse coas follas da cana de azucre, especialmente nas vivendas da tribo Kikuyu.[8][9]

Examplos de edificios con colmado

Outros exemplos

  • España: Barracas do Delta do Ebro. Chozos de Estremadura. Tinás de Ávila. Bordas del Pireneo. Chozones ou parideras de barda en Guadalaxara. Bombos de Toledo. Corralones de Zamora. Pajal de Tenerife.
  • Vivendas tradicionais de Ucraína, Romanía, e Escandinavia.
  • Attap, casas no sueste asiático.
  • Chickee, poboados amerindios do sur dos Estados Unidos.
  • Palapa, México.
  • Rondavel en Suráfrica, e cabanas e celeiros tradicionais africanos.

Galería de imaxes

Notas

  1. Nome en Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. Dicionario da RAE co termo castelán colmo
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para colmado.
  4. Moir, J; Letts, John (1999). "Thatch: Thatching in England 1790–1940". Research Transactions (English Heritage) 5. .
  5. "Definición de colmeiro no Portal das Palabras". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 17 de setembro de 2014. 
  6. Artigo de La Voz de Galicia sobre o mal estado das pallozas de Piornedo, setembro de 2014
  7. http://hawaiianthatch.com/index-3.html
  8. "Fiji - Houses". Polynesia. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2009. Consultado o 17 de setembro de 2014. .
  9. Sedemsky, Matt (30 de novembro de 2003). "Low-Tech Building Craze Hits Hawaii; Indigenous Thatched-Roof Hale Once Out of Favor, Now Seen as Status Symbol on the Islands". The Washington Post. .

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Dying to SurviveNama lainTradisional我不是藥神Sederhana我不是药神MandarinWǒ Bú Shì Yào ShénArtiI'm Not a Medicine God SutradaraWen MuyeProduserNing HaoXu ZhengDitulis olehHan JianüZhong WeiWen MuyePemeranXu ZhengZhou YiweiWang ChuanjunTan ZhuoZhang YuYang XinminWang YanhuiPenata musikHuang ChaoSinematograferWang BoxuePenyuntingZhu LinPerusahaanproduksiDirty Monkey Films GroupBeijing Joy Leader Culture Communication Co.Huanxi Media GroupBeijing Jingxi Culture & ...

 

Часть серии статей о Холокосте Идеология и политика Расовая гигиена · Расовый антисемитизм · Нацистская расовая политика · Нюрнбергские расовые законы Шоа Лагеря смерти Белжец · Дахау · Майданек · Малый Тростенец · Маутхаузен ·&...

 

John Hooper. John Hooper, Johan Hoper, (1 Maret 1495 – 9 Februari 1555) adalah seorang rohaniwan Inggris, Uskup Gloucester, dan Worcester, reformator Protestan dan martir. Seorang proponen dari Reformasi Inggris, ia dieksekusi karena bidaah dengan cara dibakar pada masa pemerintahan Ratu Mary I. Bacaan tambahan  Artikel ini menyertakan teks dari suatu terbitan yang sekarang berada pada ranah publik: Chisholm, Hugh, ed. (1911). Hooper, John. Encyclopædia Britann...

Dighton was known for his illistraded portrait of the first, so called English dandy. Sir Henry Frederick Cooke (1819)by Richard Dighton Richard Dighton (1795 in London – 13 April 1880 in London), was an English artist in the Regency period, best known for his many satirical profile portraits of contemporary London celebrities and characters. He was the son and apprentice of another noted caricaturist, Robert Dighton (1752–1814), and brother of the battle-scene painter Denis Dighton and o...

 

Texas politician Bryan HughesMember of the Texas Senatefrom the 1st districtIncumbentAssumed office January 10, 2017Preceded byKevin EltifeMember of the Texas House of Representativesfrom the 5th districtIn officeJanuary 14, 2003 – January 10, 2017Preceded byBob D. GlazeSucceeded byCole Hefner Personal detailsBornDouglas Bryan Hughes (1969-07-21) July 21, 1969 (age 54)Quitman, Texas, U.S.Political partyRepublicanResidence(s)Mineola, Texas, U.S.Alma materTyler J...

 

Mobil balap milik Leslie Johnson. English Racing Automobiles (ERA) adalah produsen mobil balap Inggris yang aktif dari tahun 1933-1954. Saat ini merek dagang ERA dimiliki oleh produsen kit mobil Inggris. Pabrikan ini sempat turun di ajang Formula Satu dari tahun 1950-1952 dengan beberape pembalap yaitu Leslie Johnson, Peter Walker, Tony Rolt, Cuth Harrison, Bob Gerard, Brian Shawe Taylor, dan yang paling terkenal: Stirling Moss. Pranala luar Wikimedia Commons memiliki media mengenai ERA racin...

مارتن غرين   معلومات شخصية الميلاد 20 يوليو 1948 (76 سنة)[1]  بريزبان  مواطنة أستراليا  عضو في الجمعية الملكية،  والأكاديمية الأسترالية للعلوم،  والأكاديمية الأسترالية للعلوم والهندسة التقانية  [لغات أخرى]‏  الحياة العملية المدرسة الأم جامعة ماكما...

 

Brad Friedel Informasi pribadiNama lengkap Bradley Howard FriedelTanggal lahir 18 Mei 1971 (umur 52)Tempat lahir Lakewood, Ohio, United StatesTinggi 6 ft 3 in (1,91 m)Posisi bermain Penjaga gawangKarier junior1990–1992 UCLAKarier senior*Tahun Tim Tampil (Gol)1994–1995 USSF 0 (0)1994 → Newcastle United (loan) 0 (0)1995 → Brøndby (pinjaman) 0 (0)1995–1996 Galatasaray 30 (0)1996–1997 Columbus Crew 38 (0)1997–2000 Liverpool 25 (0)2000–2008 Blackburn Rovers 28...

 

Bahasa Telugu తెలుగు Dituturkan di  IndiaWilayahAndhra Pradesh, Telangana, Tamil Nadu, Yanam, Karnataka, [[]]PenuturRincian data penutur Jumlah penutur beserta (jika ada) metode pengambilan, jenis, tanggal, dan tempat.[1] 82.000.000 (2019, Bahasa ibu)74.244.300 (Bahasa ibu, 2001)50.000.000 ±10000000 (1987)5.000.000 (2001, Bahasa kedua) Rumpun bahasaDravida Selatan-tengahTelugu Sistem penulisanTelugu scriptAspek ketatabahasaanTipologibahasa aglutinatifbahasa infl...

City in California, United States City in California, United StatesGrand Terrace, CaliforniaCityCity of Grand Terrace images from top, left to right - Grand Terrace City Hall, Blue Mountain Trail, Northeast City Entrance, Historical Plaque, Veterans Wall of Freedom SealLocation of Grand Terrace in San Bernardino County, California.Grand Terrace, CaliforniaLocation in the United StatesCoordinates: 34°02′02″N 117°18′49″W / 34.03389°N 117.31361°W / 34.03389; -...

 

South Korean singer and actress In this Korean name, the family name is Uhm. Uhm Jung-hwaUhm in October 2023Born (1969-08-17) August 17, 1969 (age 54)Chechon, North Chungcheong, South KoreaOccupationsSingeractressdesignerYears active1987–presentRelativesUhm Tae-woong (brother)Musical careerGenresK-popdanceelectropopLabelsMystic89KeyEastSony BMGUMGEMIYGSaramWebsiteilovejunghwa.comKorean nameHangul엄정화Hanja嚴正化Revised RomanizationEom Jeong-hwaMcCune–ReischauerŎm Chŏngh...

 

Undisclosed DesiresSingel oleh Musedari album The ResistanceDirilis16 November 2009FormatDigital downloadDirekam2009 (2009)GenreElectronic rock, R&B, synthpopDurasi3:56 (Versi album)3:37 (Radio Edit)LabelWarnerPenciptaMatthew BellamyProduserMuse Undisclosed Desires atau Undisclosed (Hasrat Terpendam)[1][2] adalah lagu dari band asal Inggris beraliran rock alternatif, Muse yang berada di album kelima mereka The Resistance. Undisclosed Desires dirilis sebagai singel ked...

Semi-hard cheese from the Balkans KashkavalSource of milkCow, sheep, goatPasteurisedTraditionally, noTextureSemi-hard Related media on Commons Kashkaval[a] is a type of cheese made from the milk of cow's, sheep's, goat's or mixture thereof.[1] In Albania, Bulgaria, Kosovo, North Macedonia, Romania and Serbia, the term is often used to refer to all yellow cheeses (or even any cheese other than sirene). In English-language menus in Bulgaria, kashkaval is translated as 'yellow ch...

 

South Africa Minister of Social DevelopmentFlag of South AfricaIncumbentLindiwe Zulusince 30 May 2019Department of Social DevelopmentStyleThe HonourableAppointerThe President of South AfricaInaugural holderZola SkweyiyaFormation17 June 1999DeputyHendrietta Bogopane-ZuluWebsiteDepartment of Social Development The Minister of Social Development is a Minister in the Cabinet of South Africa who is the political head of the Department of Social Development and its agencies, including the Sou...

 

Superman UnchainedCover of Superman Unchained #1 (June 2013), art by Jim Lee and Scott Williams.Publication informationPublisherDC ComicsScheduleMonthlyFormatLimited series (formerly ongoing)Genre Superhero Publication dateJune 2013 – November 2014No. of issues9Main character(s)SupermanCreative teamWritten byScott SnyderPenciller(s)Jim LeeInker(s)Scott WilliamsLetterer(s)Sal CiprianoColorist(s)Alex SinclairEditor(s)Chris Conroy, Matt Idelson Superman Unchained is a 2013–14 ...

此條目需要补充更多来源。 (2021年7月4日)请协助補充多方面可靠来源以改善这篇条目,无法查证的内容可能會因為异议提出而被移除。致使用者:请搜索一下条目的标题(来源搜索:美国众议院 — 网页、新闻、书籍、学术、图像),以检查网络上是否存在该主题的更多可靠来源(判定指引)。 美國眾議院 United States House of Representatives第118届美国国会众议院徽章 众议院旗...

 

Europeana 1914-1918Formats ProjetSite webSite web www.europeana1914-1918.eulogomodifier - modifier le code - modifier Wikidata Europeana 1914-1918 est un projet de numérisation et de mise en ligne de sources historiques primaires et secondaires sur la Première Guerre mondiale. Cette collection thématique est composée de trois projets : Europeana Collections 1914-1918, qui est un projet de numérisation coordonnée entre dix bibliothèques de huit pays européens ; Europeana 1914...

 

豪栄道 豪太郎 場所入りする豪栄道基礎情報四股名 澤井 豪太郎→豪栄道 豪太郎本名 澤井 豪太郎愛称 ゴウタロウ、豪ちゃん、GAD[1][2]生年月日 (1986-04-06) 1986年4月6日(38歳)出身 大阪府寝屋川市身長 183cm体重 160kgBMI 47.26所属部屋 境川部屋得意技 右四つ・出し投げ・切り返し・外掛け・首投げ・右下手投げ成績現在の番付 引退最高位 東大関生涯戦歴 696勝493敗...

Irish legislation This article is about the Irish law. For the UK law, see Emergency Powers (Defence) Act 1939. Front cover of Emergency Powers Order, 1939, under the legislation The Emergency Powers Act 1939[1] (EPA) was an Act of the Oireachtas (Irish parliament) enacted on 3 September 1939, after an official state of emergency had been declared on 2 September 1939 in response to the outbreak of the Second World War.[2] The Act empowered the government to:[3] make pr...

 

Local level of territorial organization in Puerto Rico Map of the 902 barrios (based on PR GIS data from November 16, 2017) The barrios of Puerto Rico are the primary legal divisions of the seventy-eight municipalities of Puerto Rico.[1] Puerto Rico's 78 municipios are divided into geographical sections called barrios (English: wards) and, as of 2010, there were 902 of them.[2][3] In the US Census a barrio sometimes includes a division called a comunidad or subbarrio. ...