Cold Mountain é un filme estadounidense dirixido por Anthony Minghella que se estreou no 2003. Baséase na novela homónima de 1997 escrita por Charles Frazier. Está protagonizado por Jude Law, Nicole Kidman e Renée Zellweger, xunto con Eileen Atkins, Brendan Gleeson, Philip Seymour Hoffman, Natalie Portman, Jack White, Giovanni Ribisi, Donald Sutherland e Ray Winstone nos papeis secundarios.
Estreouse en galego o 31 de agosto de 2022 a través da TVG.[2]
Sinopse
A piques de rematar a guerra civil estadounidense (1861-1865), Inman (Jude Law), un soldado confederado ferido nos últimos días da guerra, vive unha auténtica odisea para regresar ó seu fogar en Cold Mountain (en Carolina do Norte) e reunirse coa súa prometida Ada (Nicole Kidman), que leva anos agardándoo. Na súa ausencia, Ada ten que afrontar enormes dificultades para sobrevivir, pero consegue sacar adiante a granxa de seu pai coa axuda de Ruby (Renée Zellweger), unha intrépida e voluntariosa xove.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Tibbetts, John C., e James M. Welsh, eds. The Encyclopedia of Novels Into Film (2nd ed. 2005) pp 63–66.