A cobra viperina[2][3][4][5] (Natrix maura) ou cobra de auga viperina[4] é unha especie de cobra da familia Colubridae.[6] Debe o nome de 'cobra de auga' á súa grande afinidade polas zonas húmidas e a súa grande habilidade de nadar e mergullarse e o de 'viperina' á súa semellanza coas víboras, malia ser inofensiva.
Descrición
É de tamaño medio, podendo alcanzar unha longura de ata 80 cm, aínda que non supera xeralmente os 50 cm.[7] Caracterízase por presentar escamas moi carenadas no dorso.[8] A súa coloración é moi variada, xeralmente olivácea ou castaña amarelada, mais tamén pode ser avermellada.[7] Mostra ao longo da liña medio dorsal unha fila de manchas que nalgúns exemplares poden chegar a xuntarse ata dar forma a unha liña en zig-zag.[7]
Distribución
Encóntrase en España, Portugal, Francia, Suíza, noroeste de Italia e o norte de África en Alxeria, Libia, Marrocos e Tunisia.[1] Foi introducida tamén nas illas Baleares.[1] Está habitualmente asociada a medios acuáticos dentro de prados ou bosques abertos, como ríos e lagoas, na auga ou nas súas proximidades.[1]
Comportamento
Reprodución
A femia pon entre tres e vinte ovos.[1]
Alimentación
Os exemplares adultos aliméntanse de ras, sapos e peixes, mentres que os xuvenís capturan insectos, larvas de anfibios e pequenos moluscos.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Jose Antonio Mateo Miras, Marc Cheylan, M. Saïd Nouira, Ulrich Joger, Paulo Sá-Sousa, Valentin Pérez-Mellado, Benedikt Schmidt, Andreas Meyer, Roberto Sindaco, Antonio Romano, Iñigo Martínez-Solano. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ Definición de cobra no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Vocabulario forestal, páx. 63, Servizo de Normalización Lingüística, Universidade de Santiago de Compostela, 2012
- ↑ 4,0 4,1 Luís Daviña Facal (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 996. ISBN 84-95335-46-8
- ↑ Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 85. Real Academia Galega.
- ↑ Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Cobra viperina (TSN 700797)" (en inglés).
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Hernández Gil, V. (1993). Anfibios y reptiles de la región de Murcia: Guía ecológica para su identificación, conocimiento y conservación (en castelán). EDITUM. p. 221. ISBN 9788476844199.
- ↑ Padilla Álvarez, F.; Cuesta López, A. E. (2003). Zoología Aplicada (en castelán). Ediciones Díaz de Santos. p. 488. ISBN 9788479785888.
Véxase tamén
Outros artigos