Club Baloncesto Rosalía de Castro

Beirasar Rosalía
Información xeral
Liga Liga EBA
Fundación 1990
Historia C.B.I. Rosalía de Castro
(dende 1990)
Cores           Azul e branco
Adestrador César Iglesias
Patrocinador Beirasar
Localización
Cidade Galicia Santiago de Compostela
Pavillón Pavillón do Instituto Rosalía de Castro (1.000)

O Club Baloncesto Rosalía de Castro ou Beirasar Rosalía por cuestións de patrocinio é un club de baloncesto da cidade de Santiago de Compostela. Xoga na liga EBA do baloncesto español e disputa os seus partidos como local no Pavillón do Instituto Rosalía de Castro da capital galega.

Historia

O club nace a través dunha iniciativa dun grupo de empresarios galegos, encabezados por Enrique Suárez, que a proposta de Ubaldo Rueda, deciden crear este novo Club en 1990.

Nun primeiro momento créase un equipo xuvenil e outro cadete, aumentando, co paso dos anos, o número de participantes e colaboradores. Finalmente, en 1995 inscribiuse o primeiro equipo profesional na categoría de Primeira Nacional.

O Club seguiría medrando ao amparo do Instituto Rosalia da capital galega, onde cada vez o número de persoas pertencentes ao Club aumentaba, cun equipo en Primeira Nacional durante os anos 1995, 1996, 1997 e 1998, conseguindo ese último ano o ascenso á Liga EBA.

Xa no ano 1999, o equipo profesional daría un salto importante de calidade, xa que fora invitado á participar na Liga LEB (actual LEB Ouro). Durante a estancia nesta liga (anos 1999, 2000, 2001, 2002 e 2003) a cidade tivo a oportunidade de dispoñer dun equipo na elite.

Na primeira tempada do equipo colexial na LEB non puido conseguir máis que seis vitorias en 30 encontros que levaron ao Rosalía á derradeira posición da liga, mais conseguiu manter a categoría grazas á reestruturación que sufriu a competición ese verán. O equipo estivo dirixido primeiro por Eduardo Lada, que acabou sendo substituído por José Ángel Rivera, Mozan, quen ao final da tempada mostrouse moi crítico cos seus xogadores. Finalmente Mozan abandonou o posto por motivos de saúde pouco despois de iniciar a tempada 2001-02.[1]

Nun fatídico play-out en xuño de 2003 o equipo rematarou por descender á LEB 2.

A etapa na LEB 2 foi de ledicia e desesperación. O equipo desfrutou na tempada 2002-03 cun 3º posto que o levaría a estar a piques de ascender ou desesperación coma nos anos 2004-05 onde tan só acadou a permanencia, ou no ano 2005-06 onde quedou ás portas do play off. Mais na tempada 2006-07 o equipo quedou campión de liga e acadou o ascenso á LEB Ouro. Logo de finalizar a liga regular na segunda posición da táboa por detrás do Ciudad de La Laguna Canarias con 22 vitorias e 12 empates, o equipo compostelán logrou impoñerse nos play-offs a Provincia de Palencia nos cuartos (3-0), COB en semifinais (3-0) e Ciudad de La Laguna Canarias por 69-81 na final.[2][3]

A tempada 2007-08 foi o reencontro do club coa LEB, agora LEB Ouro, categoría da que foi un dos fundadores. Será unha liga ben lembrada en Compostela por seren catro anos anceiada e por manter un grupo cun carácter especial que viña de ascender, porén e por ser a primeira vez que o club se clasificaba para xogar uns play-off, mercede a un traballado oitavo posto na fase regular. Houbo momentos doces, facendo o mellor inicio da liga con cinco vitorias consecutivas ou gañando o derby co Breogán en Lugo, e outros máis duros de lesións, de duras derrotas e inxustizas.

Na tempada 2008-09 o equipo acada unha 18ª posición que o leva a descender á LEB Prata.

Cadro 2009-10

Traxectoria

Tempada 1997-98 1998-99 1999-00 2000-01 2001-02 2002-03 2003-04 2004-05 2005-06 2006-07 2007-08 2008-09 2009-10
Liga 2ª División M. EBA LEB LEB LEB LEB LEB Prata LEB Prata LEB Prata LEB Prata LEB Ouro LEB Ouro LEB Prata
Posto - 8 16 13 13 16 4 14 9 1 8 18 15

Indícanse con fondo de cor verde as tempadas nas que houbo ascenso de categoría e en cor vermella aquelas nas que se descendeu.

Notas

  1. "Rosalía y la LEB, una relación de amor y odio con final abierto". El Correo Gallego (en castelán). 2 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2021. Consultado o 2 de setembro de 2021. 
  2. "Resultados y Clasificaciones LEB 2 2006/2007" (en castelán). Federación Española de Baloncesto. Consultado o 2 de setembro de 2021. 
  3. "Series LEB 2 2006/2007" (en castelán). Federación Española de Baloncesto. Consultado o 2 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

Ligazóns externas