Ubaldo Rueda Soto, nado na Vide (Monforte) en 1948, é un profesor de bacharelato e dirixente deportivo galego.
Traxectoria
En 1968 marchou a estudar a París, onde comezou Filosofía e Literatura Francesa na Universidade de París 8 e na Sorbonne[1]. Logo de licenciarse optou a unhas oposicións en España, aprobounas e foi destinado a un instituto de Bacharelato de Santiago de Compostela, o Instituto Rosalía de Castro, onde permaneceu desde 1977 ata a súa xubilación. En 1985 accedeu á súa dirección e mantivo o posto de novo ata o seu retiro en agosto de 2018[2].
Como director do centro de ensino, foi tamén presidente do club de baloncesto Rosalía de Castro. Tamén formou parte da directiva do Casino de Santiago, unha asociación cultural, da que chegou a ser vicepresidente e en 2018 era o seu presidente[3].
Galardóns
En 2021 foi nomeado fillo adoptivo[4] do concello de Santiago.
Notas