Clean Bandit é un grupo de música electrónica de orixe inglesa, fundando en 2009. Despois do seu sinxelo de 2013 "Mozart's House" que acadou a posición 17 no UK Singles Chart, en xaneiro de 2014 conseguiron o seu primeiro número un no Reino Unido con "Rather Be".
Estilo musical
A música de Clean Bandit é descrita coma unha fusión, mesturando electrónica con música clásica.
Vídeos
Chatto declarou que os vídeos musicais que acompañan ás cancións son parte integral da obra no seu conxunto, e os vídeos concebíronse durante o proceso de escritura da música. Filman os clips de maneira independente, con frecuencia inspirándose nas súas experiencias vitais.[1]
Carreira musical
2006-2012: formación e primeiros tempos
Os membros Jack Patterson, Grace Chatto e Milan Neil Amin-Smith coñecéronse mentres estudaban na Universidade de Cambridge.[1]
Nese intre, Chatto lideraba un cuarteto de corda, xunto con Amin-Smith. Un dos seus amigos, Ssegawa-Ssekintu Kiwanuka, a letra e a música de "Mozart's House", e fíxose realidade. Co tempo, fundaron o grupo.
O seu nome, Clean Bandit, é a tradución dunha frase rusa (Chatto e Patterson viviran xa en Rusia).[2]
2012-presente: New Eyes
En decembro de 2012 o grupo publicou o seu sinxelo de debut "A+E", que chegou ao posto 100 no UK Singles Chart. O 29 de marzo de 2013 estrearon o segundo single do álbum, "Mozart's House". O tema chegou ao 17 no UK Singles Chart, introducíndose por primeira vez no top 20 británico. O terceiro single do álbum, "Dust Clears" estivo no 43 do Reino Unido. O cuarto sinxelo, "Rather Be" con Jess Glynne publicouse o 19 de xaneiro de 2014, acadando o seu primeiro número un. A data de publicación do álbum é o 12 de maio de 2014 con Atlantic Records.[3]
↑ 1,01,1"Interview: Clean Bandit". Varsity, o xornal estudantil independente da Universidade de Cambridge. 30 de setembro 2011. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2017. Consultado o 11 de febreiro de 2014.
↑Hung, Steffen. "Discographie Clean Bandit"(en francés). Portal de listaxes de Bélxica (Valonia). Hung Medien (Steffen Hung).
↑Hung, Steffen. "Discographie Clean Bandit"(en francés). Portal de listaxes de Francia. Hung Medien (Steffen Hung).
↑Hung, Steffen. "Discography Clean Bandit"(en inglés). Portal de listaxes de Irlanda. Hung Medien (Steffen Hung).
↑Hung, Steffen. "Discografie Clean Bandit"(en neerlandés). Portal de listaxes dos Países Baixos. Hung Medien (Steffen Hung). Consultado o 8 de febreiro de 2014.