Claudio Williman

Modelo:BiografíaClaudio Williman

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1861 Editar o valor en Wikidata
Montevideo (Uruguai) Editar o valor en Wikidata
Morte9 de febreiro de 1934 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Montevideo (Uruguai) Editar o valor en Wikidata
Presidente do Uruguai
Senator of the República Oriental del Uruguay (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade da República Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, escritor, catedrático, avogado, historiador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade da República Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Colorado (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJosé Claudio Williman Martínez Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1495637

Claudio Williman, nado en Montevideo o 10 de outubro de 1861 e finado o 9 de febreiro de 1934, foi avogado, docente e político uruguaio. Militante do Partido Colorado exerceu a Presidencia da República durante os anos 1907 a 1911.

Traxectoria

Fillo de emigrantes galegos, naceu en 1861 en Montevideo. O seu pai, José Williman, era veciño de Arteixo aínda que natural de Maianca (Oleiros) e descendente dun francés de orixe alsaciana; a súa nai, Antonia González era de Caión, onde casaron.[1]

Revolucionario do Quebracho, gradúase como Doutor en Xurisprudencia no ano 1888. En outubro de 1904 combateu militarmente o levantamento branco encabezado por Aparicio Saravia.

Durante o seu mandato, de marcado signo conservador, reforzou o poder xudicial, creou os ministerios de Obras Públicas e Industria e logrou que o país retomara a senda constitucional.

Logrou acordar coa Arxentina os límites do Río da Prata e co Brasil os límites da Lagoa Merín.

Foi Reitor da Universidade da República (UdelaR) dúas veces (1902-1904 e 1912-1916), antes e despois de exercer coma Presidente. En 1915 renuncia como senador para ser nomeado Presidente do Banco da República, cargo que exerceu durante dous períodos consecutivos (1916-1924).

Notas

  1. "Claudio Williman: abogado y físico, presidente de Uruguay en 1907 y natural de Caión". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-10-10. Consultado o 2023-07-01. 
Presidente do Uruguai

Segue a:
José Batlle y Ordóñez
Claudio Williman
Precede a:
José Batlle y Ordóñez
Partido Colorado

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.