Civilización árabe-musulmá
A civilización árabe-musulmá, tamén coñecida como civilización islámica ou civilización musulmá referírese á civilización das sociedades e espazos xeográficos onde esta se desenvolveu en distintos períodos históricos, fundamentalmente:
Nos seus aspectos relixiosos comprende:
- O islam ou relixión islámica, cuxos crentes reciben o nome de musulmán.
- A Umma ou comunidade de crentes, que ás veces se utiliza con valor político.
- Dar al-Islam (Dar el Islam, ou Dar al Islam, traducíbel por "Terra do Islam" ou, literalmente, "a casa —ou o fogar— do Islam", ou "da submisión") para designar as terras controladas por gobernos musulmáns, fronte a Dar al-Harb, as terras habitadas polos non musulmáns (literalmente, "a casa da guerra").
E nos sus aspectos culturais por:
- A cultura musulmá ou cultura islámica que, a pesar da impropiedade, adoita identificarse coa civilización árabe ou cultura árabe, identificábel con estes termos por ser a cultura ou civilización (conceptos de equívoco significado) que utiliza o lingua árabe, a literatura árabe e a relixión islámica como os seus principais sinais de identidade. Porén, hai musulmáns de lingua e cultura non árabes, como os de Irán (lingua persa), Paquistán (lingua urdú) ou Indonesia (lingua indonesia).
- A arabización que, máis alá da conversión ao islam (que pode producirse ou non), leva ao arabizado a asimilarse á lingua e cultura árabes e, co paso das xeracións, a identificarse como árabe.
Non debe confundirse con outros conceptos non idénticos:
Véxase tamén
Outros artigos
|
|